FAITE SOCIO CURSO 23/24, PREME AQUÍ!!!!

21/3/13

COMUNICADO DA ANPA SOBRE A SITUACIÓN DO IES As Mercedes


Antonte coñecimos a decisión da Consellería de Educación de convertir o IES "As Mercedes" en Centro Integrado de Formación Profesional, igual que fixeran hai dous anos co IES Politécnico. Por iso, enviamos aos principais medios de comunicación locais e galegos o seguinte comunicado:
 
"En relación coa decisión tomada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia de transformar o Instituto de Ensino Secundario  (IES) "As Mercedes"  en Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP), a ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA (CEIP) "ILLA VERDE" desta cidade de Lugo quere manifestar o seguinte:

  • Que expresando o sentir das familias que escolarizan as súas nenas e os seus nenos no CEIP "Illa Verde", esta ANPA viña solicitando que o noso centro fose adscrito ao IES "As Mercedes" xa que é este o Instituto máis próximo áo domicilio da maioría delas.
  • Que coa pasada conversión en CIFP do IES Politécnico e o proceso actualmente comezado co IES "As Mercedes", unha gran área situada ao sur da cidade de Lugo e municipios limítrofes como o do Corgo, quedan sen centro público de referencia para a Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato.
  • Que esta ANPA prestará o seu apoio ao Claustro, Consello Escolar e ANPA do IES "As Mercedes" e outras entidades nas  accións e demandas que impulsen a prol do mantenemento deste centro público na súa actual configuración."
Agardamos poder contar co apoio de tódolas familias asociadas e compoñentes da comunidade escolar do CEIP Illa Verde

No hay comentarios: